CONTOS E LENDAS DE REDONDELA
O noso proxecto
A nosa idea era facer unas figuras de “arte lixo”, como as que se soen poñer de decoración por diversos lugares de Redondela, coa forma tanto como da Coca, as Penlas e a burra cos danzandes das espadas, como San Carallas. Tamén con forma dun Choco, (xa que é un dos símbolos que representa esta localidade), tamén dos títeres, dos Maios, ou o tesoro da batalla de Rande etc. O que destacaría nelas, sería un código QR, no que, ao escanealo, abra unha lapela gratuita e sinxela de entender para todo o mundo, dando a coñecer unha breve historia sobre esa persoaxe. Sería un pasatempo moi doado para facer cos nenos mais pequenos, xa que poderíase facer un mapa de onde están situadas todas esas figuras, e facer unha búsqueda delas cos mais nenos, ou non tan nenos, para que completen unha serie de preguntas sobre todas as historias. A parte diso, tanto como para os turistas e como para os peregrinos, está moi ben, xa que poderían saber un pouco mais sobre o sitio onde se atopan.